Cada vez que un cargo político elabora unha lista branca de persoas próximas ás que beneficiar na outorgación de contratos, está a facer, tamén, por activa ou pasiva, unha lista negra daqueles que non van ter posibilidades de acceder a eles.
Todos sabemos que no Porriño hai listas brancas de persoas e empresas próximas á alcaldía que teñen máis posibilidades de ser contratadas que outras; algúns desconfiamos que hai tamén listas negras de persoas e empresas ás que se lle negará o pan e o sal; pero o que é certo, é que a confección das listas brancas deixa fora de posibilidade de contratos a un número de veciños e veciñas e empresas polo simple feito de non ser da corda do goberno municipal ou, como se decía no franquismo, “non ser afectas ao réxime”.
A repetición de certas caras nos contratos laborais do concello, caras que coinciden con axentes electorais do PP ou do propio Nelson da unha idea de que se lles está a facilitar o acceso ao posto de traballo, ben a través de asistencias externas, contratos en Porriemprego ou colaboración social.
A repetición de empresas cercanas á alcaldía nas obras do concello, indican que esas teñen traballo e as demáis son apartadas. E hai exemplos suficientes para saber que esto é así.
Nun momento en que as dificultades económicas habituais nas familias e nas pequenas empresas se teñen convertido en graves, por mor da crisis, estes comportamentos de dar aos amigos e deixar aos demáis co cú ao aire convértese nun verdadero ataque aos principios de igualdade que marcan as leis polas que se rexen as admnistracións públicas, e, polo tanto, o concello. Hai igualdade a dia de hoxe no concello do Porriño?.
Eu podo afirmar que, cos datos que teño na man, non hai igualdade. E si non hai igualdade de trato, para que sirve a admnistración pública?. Para beneficiar a unha élite e deixar de lado a todos os demáis.
Ante esta situación só caben tres posturas:
Pasar de todo e permitir que as cousas sigan así. Postura de resignación aínda que veña moitas veces vestida de frases como “sempre foi así”ou “todos os políticos son iguais”. Baixar a cabeza e pasar polo aro.
Entrar de xeonllos na túa propia casa, o concello, para ver si podes recibir as migas do banquete. Ou o que é o mesmo: humillarse e baixar a testa. Desgraciadamente moita xente ten que facer isto dada a súa situación de extrema necesidade.
Ou a terceira, que eu penso que é a máis sensata, ser concientes de que o concello é do conxunto do veindario e ten que funcionar cunhas normas mínimas de xusticia e igualdade. E polo tanto organizarse e tentar cambiar as cousas. Non pasar nin unha cando se trate de cuestións nosas, individuais. E estar en disposición de botar unha man cando as cousas lle afectan a outras persoas ou aos intereses xerais do vecindario.
E non hai máis. Os gobernos non son unha desgracia divina. Os gobernos, este e todos os demáis, na democracia, son o que eleximos co voto.





