miércoles, 13 de marzo de 2013

Extranxeiros no Porriño







Hoxe lin no Faro de Vigo, nas novas do Porriño, o seguinte titular:

Detienen en Porriño a dos rumanos por robar ropa en un gran almacén.

 

Non era a primeira vez que vía a nova dunha detención asociada a unha nacionalidade, pero me preocupou que xa ían unha man chea delas que tiñan que ver con persoas de Rumanía no Porriño. E, polo tanto, non me quedei coa nova do Faro e tentei de me enterar si era colleita do xornal ou obedecía a unha nota remexida dende o concello.

Non foi dificil de sabelo porque, abrindo a web oficial do concello do Porriño atopei a nova que se tiña enviado aos medios, cun titular semellante:

A Policía Local de Porriño detén a dúas persoas rumanas por roubar roupa nuns grandes almacéns


E nela podemos ler, efectivamente, que a detención era de “dúas persoas de nacionalidade rumana”, unha xa maior, de 71 anos, e outra máis xoven, de 34, que se adicaban a probar roupa na sección de oportunidades do Corte Inglés e deixaban a vella e quedaban coa nova, logo de lle quitar a alarma da peza.

Tamén, se nomea ao concelleiro delegado de seguridade e á policía local que participou nesta exitosa misión.

O montante do furto non parece ter a suficiente entidade como para facer unha nota de prensa e menos nun estado onde os traxes de marca e os bulsos de “mírame y no me toques” van de man en man de empresarios corrompedores a políticos e políticas de grandes institucións (Camps, Rita, Ana Mato…etc). Polo tanto non creo que teña que intervir nesta operación a fiscalía anticorrupción nin o Tribunal Supremo. O caso é máis ben de xulgado de vila e tratarase de dirimir si ten entidade de delicto ou queda nunha simple falta. Non esquezamos que son pezas de roupa de oportunidade, isto é, fora de tempada e rebaixadas.

Polo tanto, o importante da nova non era tanto o que se levaban senón a procedencia das persoas detidas. E por iso se facía constar no titular da nota de prensa enviada polo concello. Alcalde, concelleiro delegado e mandos policiais, todos eles, téñenos librado de dúas persoas rumanas que, como é público e notorio, é un pobo dado ao pouco respecto ás leis e á delincuencia.

Na wikipwedia galega podedes atopar esta nota que ben moi ao caso:

A «Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial» aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 21 de decembro de 1965, define a discriminación racial ou xenofobia como:
Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnica que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública.
Artigo 1º de CERD

Non sei si se fai consciente ou inconscientemente pero a xenofobia rezuma nesta nota oficial do Concello do Porriño, e non é a primeira vez.

Triste que, nun concello galego, se dean eses comportamentos cando o noso pobo, afeito á desgracia da emigración, tivo que soportar esas actitudes na súa pel non só na península ibérica senón nos distintos paises onde tivemos que ir buscar o futuro.

Si o señor alcalde, o señor delegado de seguridade e os mandos da policía local queren seguir con ese proceder de manchar a todo un pobo polo que fagan ou deixen de facer algún dos seus cidadáns, eu  regalolles estas fotos de rumanos e rumanas para que as poidan colgar nas paredes das dependencias policiais cun cartel de BÚSCASE por si se atreven a pisar as nosas rúas:

Angela Gheorghiu, cantante de ópera.













Eugene Ionescu, escritor, autor teatral.

Tristan Tzara, artísta, creador do Movemento Dadaista

Gica Hagi, futbolista.



Cioran, escritor.

Nadia Comaneci, ximnasta olímpica.






Ilie Nastase, tenista.
  

Si ata Tarzán era rumano!!



E si non lles chegou con estas sospeitosas e sospeitosos, deixolles aquí a estes cinco artistas que, como semellan pobres, poden colar como delincuentes para calquera apaño que se precise.
Que a súa fermosa música consiga meterlles na cabeza, a quen escribiron ese comunicado de prensa, é o obxectivo deste escrito. Que teñan un bo servicio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario