viernes, 29 de marzo de 2013

Preferentes e política.





Teño amistades que venderon preferentes e outras que as mercaron. Non a teño entre as que decidiron poñer eses productos no mercado, sen ningún tipo de prevención para que non chegaran a mans de persoas que non sabían o que mercaban realmente e perderon unha boa parte, todavía incerta, dos seus aforros. Diredes que é porque non me movo nos círculos onde se decidiron estas cousas. Alégrome de non facelo. Nada me chama a atención neses círculos. E como din por aquí: "Nen vou alí, nen fago falta".


O caso é que, dende hai un tempo, levo defendendo que quen vendeu preferentes non debería estar en cargo político algún. Independientemente da súa adscripción partidaria. Tanto me ten o partido do que sexan ou o cargo institucional que ocupen. Entendo que deberían dimitir ou recibir o cese de ser este posible.

Por que manteño esta posición?

En primeiro lugar porque, mentres dure todo este lío, as persoas que venderon preferentes están atadas aos seus compromisos coas entidades financieiras coas que traballan, de onde reciben os seus salarios ou a onde voltarán de estar en excedencia por motivos políticos. Non son libres de actuar e o seu voto está condicionado.

En segundo lugar porque con maior ou menor culpabilidade, iso  terán que decidilo os tribunais cando prosperen as demandas, son parte imprescindible da estafa planificada. Non están imputadas pola xusticia pero si en situación de sospeita para a opinión pública. Quen está en sospeita non debe ocupar cargos políticos ou públicos.

Entendo que non o están a pasar nada ben. Sei que teñen problemas de conciencia que lles quitan o sono e lles causan infelicidade. Non quixera verme no seu lugar. Tanto quen venderon sabendo o que vendían como quen venderon na confianza de que eran seguras.

É moi probable que, colectivamente, cheguemos finalmente á conclusión de que a inmensa maioría non tiñan culpabilidade algunha. Podo dicirvos que desexo que isto ocurra e se libren da sospeita.


Pero, de momento, para min, deberían apartarse ou ser apartados dos cargos políticos e institucionais ata que se aclaren convenientemente todas as circunstancias.

Dimitir se están en cargos institucionais ou apartarase da toma de decisións se están en cargos de partido.


Polo demáis, quen comparte amistade conmigo, pola miña parte a amistade non está en cuestión. E si está en cuestión por dicir o que penso, mala sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario