Contrataría vostede un xestor para o seu capital que se
negara a lle dar explicacións sobre as súas xestións?
Estou seguro de que a resposta do cen por cen das persoas a
quen se lle fixera esta pregunta sería que de ningunha maneira.
Os cargos públicos que eleximos para nos representar non
deixan de ser os xestores que eleximos para gobernar, nen máis nen menos.
Supoño que tamén seguimos maioritariamente de acordo.
Por iso me resulta dificil de entender a negativa a dar
explicacións do alcalde do Porriño, máis alá dun simple: todo va bien”, cando
el, Nelson Santos, e o seu teniente alcalde, José Jacobo, están imputados nun
proceso xudicial por causa de cómo administraron os cartos públicos, como conta o Atlántico
Pidíronlle ao alcalde que dera explicacións sobre o asunto
polo que está sendo investigado xudicialmente?
Evidentemente, si.
Desde que as sospeitas se fixeron públicas cun comentado
artículo no diario El País, no ano 2011, moita xente está agardando que se
explique.
Non vale que diga que gañou unhas eleccións e que xa está
resolto o caso.
Outros e outras gañaron eleccións e ao cabo demostrouse que
as sospeitas que había sobre a súa xestión se confirmaron e tiveron que deixar
os cargos.
Creo que o único que demostraron os resultados electorais é
que unha maioría da poboación preferiu que fora Nelson o alcalde e non as
demáis persoas que optabamos ao cargo. Nada que obxectar á decisión maioritaria
e libre da cidadanía.
Pero non é diso do que se está a falar.
Pidiulle unha parte do pleno, con insistencia, que mostrara
os papeis da contratación de certas empresas e dera explicacións do por que
foran estas as elexidas para prestar eses servicios?
Si. Mesmo tivo o alcalde que convocar un pleno
extraordinario por obligación, cando unha parte do pleno co número de
concelleiros e concelleiras suficiente para obligalo, o BNG, o fixo por
rexistro. Petición que tamén fixera pública o PSOE nos medios de comunicación.
Nese pleno o alcalde negou mesmo que estivera imputado,
agora sabemos que si o estaba, e negouse a dar máis explicacións que non foran
que os demáis non o fixeramos ben cando gobernamos. O caso é que perdeu unha
boa oportunidade para cumplir co seu deber como xestor elexido para a
gobernanza dos asuntos públicos do concello do Porriño: abrir os caixóns, poñer
os expedientes a disposición dos concelleiros e concelleiras do pleno e dar as
explicacións pertinentes que lle foran requeridas. Nin máis nen menos: cumplir
co seu deber.
Non o fixo. É unha mágoa. Un mal exemplo.
Agora sabemos que está a dar explicacións en sede xudicial
sobre ese particular, obrigado e acompañado de avogado.
Tamén sabemos que o teniente alcalde, delegado de
contratacións no concello, José Jacobo, tamén está citado como imputado, pois
así está publicado en prensa.
E sabemos, tamén pola prensa, que outro teniente alcalde, Manuel Carrera, foi citado e declarou, en calidade de testemuña e sen
imputación, sobre este asunto. Declaración que, polo que se sabe, non foi moi
favorable cara a Nelson e Jacobo, toda vez que afirmou que aínda que el, Manuel
Carrera, era o concelleiro de obras, había unha concellería de obras paralela
que contrataba obras sen lle informar do que contrataban e como o facían. Obras
e servicios contratados precisamente a varias das empresas mencionadas no
artículo citado e que manteñen relacións, dun xeito ou outro, con Nelson e
Jacobo.
O asunto non ten moi boa pinta. O xulgado determinará si hai
delicto ou non. Pero hai algo que non vai deixar pechado o procedemento
xudicial: por que o alcalde e o goberno municipal non deu a día de hoxe
explicacións ao vecindario do que está pasando e si os intereses articulares de
amistade, proximidade ou sociedade teñen primado sobre os intereses públicos á
hora de xestionar o concello do Porriño.
Escomenzaba este escrito preguntando si vostedes
contratarían como xestor para o seu capital a alguén que chegado o caso se
negara a dar explicacións sobre as súas actuacións co mesmo.
Diso é do que estamos a falar e por iso é imprescindible que
o alcalde e o goberno, ou a parte do goberno que está con el, dean as
explicacións oportunas sen perder máis tempo.




Creo que a maioría da poboación o que elixió foi ao PP, non a Nelson Santos. pero cada quén ten o que elixe....
ResponderEliminar