Queixase hoxe, na Voz e no Atlántico, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,
da denuncia en fiscalía, presentada polo grupo municipal do BNG dese concello,
sobre as supostas contratacións, sen concurso, efectuadas pola alcaldesa co que
din ser unha amistade íntima da mesma. No Faro de Vigo calificáronno como “noivo”.
O razoamento da alcaldesa pasa por indicar que a súa vida
privada non está no ámbito da política.
Calquera subscribiría sen dubidar que o que a alcaldesa faga
na súa vida privada non debe ser obxecto de debate público, pois pertence ao
ambito da súa intimidade.
Pero xustamente é diso do que se está a falar e por iso ten base a
denuncia presentada: a vida privada da alcaldesa ou de calesquera cargo público
non debe condicionar a vida pública e as decisións de ningunha administración.
É e por iso que a lei advirte a calquera cargo público, funcionario ou funcionaria, que ten
o deber de se abster naqueles expedientes que afecten a persoas coas que ten un
grado de parentesco determinado ou que están na esfera do seu círculo de
amistades.
Sería pois a propia alcaldesa quen, co presunto
comportamento denunciado, tería posto en situación de necesaria investigación o que, ata que eses comportamentos non se deran, pertencía somentes ao seu
espacio de intimidade.
As relacións amorosas e de amistade, íntima ou non, dun
cargo público non poden ser motivo de debate político e non é diso do que se
está a falar na denuncia. Do que se fala é de algo diferente: os cargos públicos
e o funcionariado teñen que se abster de participar nos expedientes nos que se
vexan involucradas persoas cercanas, por parentesco ou amistade.
Foi pois prudente a alcaldesa de Mos e cumpliu coa lei nesas
contratacións?.
Eso é algo que terá que determinar a xusticia que, sen dúbida,
non xulgará con quen debe ir ou vir, senón si cumpliu co deber de non
participar en expedientes, neste caso de contratación de servicios e adquisición
de vehículos, nos que teñen interés directo persoas do seu círculo íntimo máis
próximo.
Recordar tamén que a propia lei tamén impide facelo en
expedientes que afecten a persoas coas aque hai manifesta enemistade.
Parece lóxico que así sexa pois, a amistade íntima e a
enemistade manifesta son dous estados que poden condicionar o recto proceder e
a independencia de quen ten que tomar decisións.
Tanto en Mos como no Porriño estamos diante de supostas
actitudes de favoritismo e mesmo nepotismo que, de ser certas, repugnarían ás
mentes sensatas e independentes.
Nas cuestións de amistades e amor eu sempre fun totalmente
liberal e, polo tanto, nin entro nin saio, mesmo non teño opinión. Pola contra,
que situacións de familiaridade ou amistade, íntima ou non, condicionen o gasto
público, polo mesmo libre pensamento, prodúcenme a máis profunda das repulsións,
pois son un dos piares da corrupción. E da corrupción e das causas que a
facilitan está farta a cidadanía.



A muller do César debe ser honrada e ademáis parecelo.
ResponderEliminar