miércoles, 27 de febrero de 2013

As preferentes: crónica dun pleno.





Un relato algo extenso do pleno celebrado no Porriño. Perdoade pero non poiden sintetizar máis.

Onte houbo pleno ordinario no Concello do Porriño. Un pleno que pasará a historia local como “o día en que as comisións de afectados polas preferentes retiveron durante horas á corporación”.
Sí, ese sería un titular posible, e seguro que así quedará, pero non é quen, de seu, de explicar o que alí aconteceu. Para contalo hai que pasar do titular e ir ao corpo da nova.

O pleno escomenzou ás 19 horas. Cunha asistencia tan grande, para as dimensións do local, que fomos moitos e moitas os que quedamos de pe e mesmo no hall de entrada ou fora.

A maioría das persoas asistentes ían con camisetas das comisións de afectad@s e o ambiente estaba bastante caldeado dende o inicio. Algo comprensible. As persoas afectadas por esta estafa de luva branca que son as preferentes levan xa un ano acudindo a diferentes instancias e ninguén é quen de darlles mellor resposta que palmadas nas costas e palabras de apoio, pero ningunha solución aceptable.

O Pleno.

Cando o alcalde deu escomenzo ao pleno saltou a primeira sorpresa: Ía tratarse somentes o punto das preferentes e logo se suspendería o mesmo a petición das comisións de afectad@s. Polo tanto os demáis puntos da orde do día quedarían sen debatir.

Non sería mellor que o alcalde, si quería facer un pleno sobre este único asunto, o convocara como extraordinario e non estragara a convocatoria do pleno ordinario que se tiña que celebrar logo de dous meses sen sesión ordinaria?

Eu tiro a conclusión de que Nelson Santos aproveitou para cargarse un pleno ordinario porque son os únicos nos que a oposición pode presentar mocións, rogos e preguntas.


A segunda sorpresa foi escoitar ao alcalde dicir que o PP retiraba a súa moción sobre as preferentes e que se ía debatir un texto das comisións de afectad@s.

Eu concordo que o texto a debatir debería ser o das comisións, elas eran as que viñan solicitar amparo, pero... a que viña a moción presentada en comisión do PP que era calcada da das comisións?. Pretendía o alcalde aparecer, xunto co Partido Popular, como único defensor das persoas afectadas?. Si o pretendía saiulle o tiro pola culata. Non sei si por presión das comisións ou por presión dos grupos da oposición, que xa alertaran desta incoerencia no debate en comisión informativa do punto en cuestión.

O deber de abstención en asuntos que se ten interés persoal.

Pode o alcalde Nelson Santos particpar neste pleno ou se ten que abster?.

A lei de réxime local e a de procedemento administrativo indica que calquera persoa que teña intereses persoais nun punto non debe participar na súa deliberación e votación.

Ten intereses persoais o alcalde no asunto das preferentes?

Eu creo que si.

O sr Nelson Santos chegou á alcaldía dende o seu posto profesional de director da sucursal de La Caixa no Porriño. Mentres exerza de alcalde, en adicación exclusiva, está, técnicamente, en excedencia no banco. No momento que deixe o seu traballo na corporación pode pidir a reincorporación imediata no seu antigo posto de traballo.

De todos é coñecido que La Caixa tamén está metida no lío das preferentes e os seus intereses son contrarios ás comisións de afectados.

Tamén é coñecido que a venta de preferentes producía incentivos monetarios aos empregados de banca que as colocaban.

Preguntei por este tema a xente do sector, que me resultan creibles, e dixéronme que o Sr Santos vendeu preferentes na súa etapa en La Caixa.

Tanto profesional como persoalmente a lei indicalle que non podía presidir este pleno e que tiña deber de ausentarse. Non só non se ausentou senón que nos enteramos que leva cerca dun ano facendo “asesoramento profesional” sobre este asunto no despacho da alcaldía. Ninguén alleo nolo contou. Foi o propio Nelson quen o dixo publicamente no pleno ordinario do mes de xaneiro.

De se confirmar estas circunstancias estariamos diante dunha nova e grave irregularidade no comportamento do actual alcalde do Porriño.

As intervencións no pleno.

Logo de retirar a moción do PP e sin querer contestar a unha cuestión de orde sobre ese proceder da portavoz nacionalista, Mónica Bugarín, o alcalde deu paso á intervención das portavocías dos grupos.

Os grupo mostraron o seu apoio verbal aos afectados polas preferentes.
O PP fixo fincapé na responsabilidade de Joaquín Almunia e Europa. Mira moito a Europa o PP cando veñen mal dadas
O PSOE argumenta que debe ser o Fondo de garantía de depósitos o que cubra os pagos íntegros ás persoas afectadas que non son inversoras e que o goberno do estado ten na súa man que así sexa.
O BNG dí que a solución ten que ser política e lanza a pregunta do millón: Deixará o PP o señor alcalde e o grupo de goberno si non se soluciona o das preferentes, como piden as comisións afectadas e aceptou o alcalde de Oia?

Todas estas aportacións foron engadidas e o alcalde procedeu a sacar a votación o punto. O resultado foi unanimidade.

Neste momento, Mónica Bugarín pregunta si está incluído o da dimisión e o alcalde pronuncia unha das frases gloriosas da noite: “Yo dimitiré cuando cobre el último de los afectados”.

Prodúcese entón un abucheo no público.

O alcalde dí entón que remata o pleno e deixa sen tratar os demáis asuntos.

Habían de ser as 19:30. Non mirei o reloxo pero a cousa foi breve.

Ao rematar o pleno.

Mediaticamente esta foi a parte máis interesante. Está claro que mocións de apoio se asinan todos os días nos diferentes concellos e non teñen causado efecto algún.
O interés das comisións de afectados estaba claro: que o alcalde e o grupo de goberno asinara o que xa fixera o alcalde de Oia, tamén do PP. Un escrito no que comunicaba á dirección do parido advertindo de que de non se solucionar o problema das preferentes co cobro íntegro das cantidades depositadas, o alcalde e o grupo do PP abandonaría o partido e pasaría ao grupo mixto ( por certo, non adscritos na dinámica municipal).

O portavoz das comisións pidiu a palabra. O alcalde tentou de que non falara e convidou a unha reunión cos representantes das comisións e o grupo de goberno nas dependencias da alcaldía. Un claro intento de deixar fora á oposición municipal e tratar o asunto a porta pechada.

O portavoz, apoiado polos berros dos presentes, insistiu en falar e non aceptou a reunión sen a oposición e na alcaldía.

Entón o alcalde fixo un novo intento: que falara a portavoz do grupo de afectados do Porriño. Pero a portavoz do Porriño dixo que quen tiña que falar era o portavoz que xa pidira a palabra e era o encargado de facelo . Foi un golpe para o alcalde que seguiu insistindo pero non foi quen de mudar esta posición.

Nas bancadas do público a cousa estaba quentándose por momentos e só se tranquilizou a situación cando o portavoz das comisóns poido, ao fin, comenzar a seu relato.

Sintetizando mativo os seguintes argumentos: que estaban cansos de boas palabras e mocións que non reconducían a situación; que cando estiveran en Bruxelas comprobaran que o goberno español os tiña vendido ao afirmar que somentes un 15% eran pequenos aforradores e iso se ía solucionar coa arbitraxe; que comprobaban que o PP mudaba o voto a favor nos concellos polo voto en contra en Santiago e Madrid; e que o que querían era máis presión dos concellos gobernados polo PP, como o do Porriño, lanzando o órdago da disolución dos grupos municipais do PP si non se solucionaba o problema e cobraban todos os afectados. Por iso insistían en que o alcalde e o grupo municipal do PP do Porriño asinaran un documento de apoio ás víctimas e o compromiso de romper co PP, mantendo a alcaldía, e o paso ao grupo mixto si os afectados non cobraban.

A petición era ben clara e todas as miradas e a presión estaba neste momento sobre a figura do alcalde e o seu grupo.

Producíronse entón os momentos máis tensos da reunión con diversas intervencións das persoas afectadas e algún rifi rafe con membros do PP. Nomeadamente con Carlos Martínez, María José Martínez, Ana Paradela, e Mercelino Coto. O alcalde adoptou a postura de calar e non dicir nin pío. Houbo invasión do espacio da corporación e, polo que vimos no Faro, verteuse unha botella de auga na mesa do alcalde mentres algunhas persoas se encaraban co grupo de goberno e facían soas bucinas e cornetas. A policía local todavía non estaba posicionada.

Lonxe de colaborar a incendiar máis o ambiente, os grupos da oposición permaneceron nos seus escanos en actitude calmada e sin intervir. Eu penso que foi unha lección de dignidade institucional que non sei si o alcalde agradeceu en privado pero creo que debería facelo.

Ao cabo acordouse realizar unha reunión entre un grupo de representantes das comisións e a totalidade da corporación no salón de plenos.

As demáis persoas que asistiamos á sesión tivemos que abandoar a sala, cousa que se produciu con corrección e sin incidentes, e agardar fora polo resultado.

A espera foi larga e ía frío na rúa. Pero moita xente permaneceu nas inmediacións da casa consistorial.

Alí falei con varias persoas afectadas. A situación é moi desesperada e non sei si os de arriba son conscientes de canto. O prazo da quita se achega e as promesas electorais do PP non se convirten en realidade. Polo que falamos deducín que moitos deles, a maioría me atrevería a dicir, votaran ao PP e confiaran cegamente nas promesas que personalizaban en Rafael Louzán, o presidente da Deputación de Pontevedra.

Logo de agardar bastante tempo e cando os ánimos comenzaban a quentarse pola espera, abriuse a porta do salón de plenos. Imaxino que a intención era que sairán os representantes das comisións e explicaran a quen agardaban o resultado da reunión. De feito a policía local tentou impedir a entrada no salón de afectados e público. Intento que resultou inutil e que afortunadamente non pasou a maiores.

Con todos e todas novamente dentro, o portavoz d@s afectad@s que estivera na reunión deu a noticia de que o alcalde entendía en que a solución non podía ser política e que se negaba a asinar documento ningún.

Algún dos concelleiros e concelleiras do PP alegaron que iso non fora o que dixera o alcalde e este permaneceu calado. Por máis que os afectados lle solicitaran que expresara publicamente a súa postura non quixo dicir nada. Permaneceu sentado na mesa da presidencia como si fora alleo ao que estaba a ocurrir e foi Marcelino Coto quen fixo labores de alcalde. O seu discurso, baleiro de contido e cheo de tópicos antipolítica (os do PP son sempre moi antipolíticos nos seus discursos e moi políticos nas súas actuacións institucionais e persoais) e as chamadas á paciencia, non fixeron máis que enervar máis ao público que non podía crer o que estaba a suceder.

O que alí se dixo e se berrou podedes imaxinalo. Trompetas, bucinas e berros diante dun alcalde que parecía entender que o conto non ía con el e permanecía mudo e abstraído.

Eu marchei ás 12 da noite.


Entereime de que, máis ou menos, esta situación durou ata as cinco e media da mañán con garda civil e saída con escolta do grupo municipal do PP polas dependencias policiais.

Ata aquí, tentei facer un relato o máis obxectivo posible do que eu vin.

Agora vou facer unhas valoracións a título persoal e sin máis pretensión:

1º.- O alcalde e o grupo de goberno, tan acostumados a organizar grandes concentracións con orquestras e inchables, foron incapaces de prever o que podía ocurrir e fallaron estrepitosamente no que a seguridade das persoas se refire.

2º.- O alcalde mostrou que está coas persoas afectadas coa boca pequena pero que o seu corazón está coa dirección do PP e coa banca.

3º.- A posición das comisións de afectados de buscar apoios na administración local é comprensible. Os concellos son a administración máis cercana e sensible aos problemas do vecindario e estes siguen a ter, pese a que está a cair, unha alta credibilidade neles.

4º.- As decisións dos órganos dos concellos, nomeadamente pleno e alcaldía, deben ser tomadas en libertade e sen coaccións. Pode alguén pensar que houbo coaccións no pleno por parte das persoas afectadas pero esta hipótese cae polo seu propio peso ao comprobar que ninguén fixo ou asinou nada que non quixera facer.

5º.- Os concellos entenden de situacións do máis diverso, como esta, sin ter competencias nin recursos. Nun momento que o goberno do estado e o partido que o apoia, o PP, tentan reducir o protagonismo dos concellos queda comprobado e certificado que están atacando a un dos piares máis sensibles do sistema democrático e un dos poucos que gozan de credibilidade na cidadanía. Cidadanía que acode a eles en busca de solucións e apoio vcando o precisa.

6º.- Non son quen de lle dicir ao alcalde do Porriño o que ten que facer pero de seguir estando, como estiven, en esa función non sería a miña a actuación nin parecida a que el tivo neste pleno. Un alcalde ten que ser máis sensible aos intereses xerais da cidadanía e este ten estas características. Un alcalde ou acaldesa, ten na súa man algún poder pra modificar situacións que oficialmente non son da súa competencia e no pleno ten un aliado, non só na parte do pleno que o apoia senón na totalidade. A diversidade do pleno axuda a cargarse de razóns si se establecen canles de consenso en asuntos de interés xeral coma este. Agardo que a miopía partidaria non impida ver ao alcalde do Porriño o servicio á institución, por enriba de siglas, que no pleno prestaron os grupos da oposición.
E un alcalde debe calcular as súas palabras e silencios. Calar e fomentar con esta posición o alboroto e a perda das formas non é boa cousa. E esto foi o que fixo, consciente ou inconscientemente o alcalde do Porriño no pleno das preferentes. Tentou dar carpetazo a un asunto grave cunha declaración de intencións e sin mollarse o máis mínimo e cando chegou o momento de quedar en evidencia e terse que posicionar non soubo máis que calar e pidir axuda ás forzas de seguridade. Un camiño para que tamén os concellos perdan credibilidade nun momento que esta é unha das poucas esperanzas que se abren ao cidadán do común.

7º.- A porta traseira do pleno sempre estivo aberta e non se comprende que non fora utilizada polo alcalde, aínda que só fora por prudencia, ata as tantas da mañán. Si nada tiña que dicir, debeu, por sentido común, evitar a tensión que se produciu non só aos afectados e afectadas senón tamén aos seus compañeiros e compañeiras de goberno, dos grupos da opisición e ás forzas de seguridade locais e da garda civil.

8º e final.- A estafa das preferentes e subordinadas foi feita a conciencia e se descargou sobre a xente do común que non entendía máis que de prazos fixos e foron enganados con consentimento dos organismos de control financieiro. Esta estafa masiva de se producir por persoas alleas ao sector bancario tería producido multitude de detencións e severas condeas. O estado está máis preocupado pola estabilidade do sector financieiro que pola saude e benestar da cidadanía. A cousa pinta moi mal e a presión é entendible e necesaria. A perda das formas contribúe a crear mala imaxe das víctimas que precisan gañar o aopio unánime da poboación. Ademáis da presión hai que organizar a defensa xurídica de xeito colectivo polo que poida vir e iniciativas coma a do fiscal xeral de Galicia e a de asociacións de afectados, como a de Agaprofi, son máis necesarias que nunca para facer un cortalume no caso de fallar a solución política por inanición do goberno central e autonómico.






No hay comentarios:

Publicar un comentario