martes, 28 de mayo de 2013

Listas brancas/listas negras.


Cada vez que un cargo político elabora unha lista branca de persoas próximas ás que beneficiar na outorgación de contratos, está a facer, tamén, por activa ou pasiva, unha lista negra daqueles que non van ter posibilidades de acceder a eles.

Todos sabemos que no Porriño hai listas brancas de persoas e empresas próximas á alcaldía que teñen máis posibilidades de ser contratadas que outras; algúns desconfiamos que hai tamén listas negras de persoas e empresas ás que se lle negará o pan e o sal; pero o que é certo, é que a confección das listas brancas deixa fora de posibilidade de contratos a un número de veciños e veciñas e empresas polo simple feito de non ser da corda do goberno municipal ou, como se decía no franquismo, “non ser afectas ao réxime”.

A repetición de certas caras nos contratos laborais do concello, caras que coinciden con axentes electorais do PP ou do propio Nelson da unha idea de que se lles está a facilitar o acceso ao posto de traballo, ben a través de asistencias externas, contratos en Porriemprego ou colaboración social.

A repetición de empresas cercanas á alcaldía nas obras do concello, indican que esas teñen traballo e as demáis son apartadas. E hai exemplos suficientes para saber que esto é así.

Nun momento en que as dificultades económicas habituais nas familias e nas pequenas empresas se teñen convertido en graves, por mor da crisis, estes comportamentos de dar aos amigos e deixar aos demáis co cú ao aire convértese nun verdadero ataque aos principios de igualdade que marcan as leis polas que se rexen as admnistracións públicas, e, polo tanto, o concello. Hai igualdade a dia de hoxe no concello do Porriño?.

Eu podo afirmar que, cos datos que teño na man, non hai igualdade. E si non hai igualdade de trato, para que sirve a admnistración pública?. Para beneficiar a unha élite e deixar de lado a todos os demáis.

Ante esta situación só caben tres posturas:

Pasar de todo e permitir que as cousas sigan así. Postura de resignación aínda que veña moitas veces vestida de frases como “sempre foi así”ou “todos os políticos son iguais”. Baixar a cabeza e pasar polo aro.

Entrar de xeonllos na túa propia casa, o concello, para ver si podes recibir as migas do banquete. Ou o que é o mesmo: humillarse e baixar a testa. Desgraciadamente moita xente ten que facer isto dada a súa situación de extrema necesidade.

Ou a terceira, que eu penso que é a máis sensata, ser concientes de que o concello é do conxunto do veindario e ten que funcionar cunhas normas mínimas de xusticia e igualdade. E polo tanto organizarse e tentar cambiar as cousas. Non pasar nin unha cando se trate de cuestións nosas, individuais. E estar en disposición de botar unha man cando as cousas lle afectan a outras persoas ou aos intereses xerais do vecindario.


E non hai máis. Os gobernos non son unha desgracia divina. Os gobernos, este e todos os demáis, na democracia, son o que eleximos co voto.

martes, 14 de mayo de 2013

Máis imputacións no Porriño





Enterámonos pola prensa, xa que oficialmente non hai explicación do grupo de goberno, que declarou no xulgado número 3 do Porriño o teniente alcalde José Jacobo.
Si atendemos ao publicado ata o de agora, foi despois da declaración como imputado do alcalde Nelson Santos cando se produciu a imputación de José Jacobo.

Conta a prensa neste artigo:

"Durante la declaración, de más de dos horas de duración, tanto por parte de Fiscalía como por la juez se interrogó al teniente de alcalde sobre el proceso de contratación, la metodología empleada, y se preguntó en concreto sobre varias empresas contratadas para la realización de obras y personas. Jacobo respondió a todas las preguntas, según fuentes jurídicas".

Habían de explicar, dende o goberno municipal, de que contratación se está a falar.
Polo que intuímos se está a falar de contratación a dedo, isto é, as empresas son elexidas polo goberno municipal, ou parte del (como declarou Manuel Carrera), atendendo a criterios de preferencia persoal e non de publicidade e libre concorrencia, como marca a lei.

Tamén habían de explicar cales son as empresas polas que está a preguntar a fiscalía a a xuíz. De non facelo, toda empresa que preste servicios actualmente no concello está baixo sospeita e pode ser obxecto da rumoroloxía. Dicir de que servicios e obras están a falar no xulgado levantaría a sospeita sobre aquelas empresas que non teñen nada que ver con esta investigación xudicial.

Sigue contando a prensa:

 "El proceso en el que ya han declarado el interventor, el secretario municipal, así como el concejal de Vías Obras, trata de depurar responsabilidades en la contratación de obras y servicios en el Concello de Porriño y aclarar si el procedimiento seguido se ajustó a la normativa".

É conveniente explicar que as persoas citadas (interventor, secretario e concelleiro de obras) fixéronno na calidade de testemuñas. Quere dicir isto que non están sendo investigadas senón que a xuíz e a fiscalía as chamaron a declarar para coñecer de primeira man as actuacións do alcalde, Nelson Santos, e o teniente alcalde de contratación, José Jacobo, que si están imputados e investigados.

E sigue a prensa:

 "Las denuncias presentadas fueron a parar a las mismas diligencias previas que sigue el Juzgado de Instrucción número tres de Porriño, y tienen su origen en la existencia de numerosos reparos realizados por intervención y secretaria a pagos realizados. La realización de pagos con reparos era un sistema, que según declaró recientemente el alcalde, se seguía en los últimos años en el concello de Porriño, sin que esto hubiese motivado denuncia alguna".

Non é exactamente así. O que se está a investigar e o que foi denunciado, ao parecer, son conductas que poderían ser delictivas do alcalde e o teniente alcalde. Conductas que xa foron informadas polos servicios de secretaría e intervención do concello.
Non deberían os imputados, nen a prensa que transcribe as súas declaracións, cargar sobre o funcionariado, que cumple co seu deber de informar, o motivo da investigación xudicial. O verdadeiro motivo son as conductas, hoxe baixo sospeita xurídica e dende hai tempo baixo sospeita cidadán, do alcalde e parte do grupo de goberno.

Tampouco son os pagos motivo da ivestigación, como quere facernos crer o alcalde e parte da equipa de goberno. A investigación xudicial é polo xeito de contratar, o que se contrata e a quen se contrata.
Que sexa a dedo, a persoas e empresas relacionadas co goberno e que a facturación sexa a precios razonables e con toda a seguridade de que se fan as cousas e se fan ben.


Canto máis tarden en explicar o que está a pasar maior será o escándalo e máis dificil de reparar o dano que esta situación está a causar á imaxe do propio concello do Porriño.

Por iso é de xusticia reclamar unha explicación pormenorizada que poña fin aos rumores e garnta o dereito que temos as veciñas e os veciños a saber que fan os nosos gobernantes e que pasa no día a día do concello. Recordemos que o goberno está para servir á cidadanía e ten obligación de informar do que vai facendo.
 
 



 

 

domingo, 28 de abril de 2013

Parte do goberno do Porriño no xulgado.






Contrataría vostede un xestor para o seu capital que se negara a lle dar explicacións sobre as súas xestións?

Estou seguro de que a resposta do cen por cen das persoas a quen se lle fixera esta pregunta sería que de ningunha maneira.

Os cargos públicos que eleximos para nos representar non deixan de ser os xestores que eleximos para gobernar, nen máis nen menos.

Supoño que tamén seguimos maioritariamente de acordo.

Por iso me resulta dificil de entender a negativa a dar explicacións do alcalde do Porriño, máis alá dun simple: todo va bien”, cando el, Nelson Santos, e o seu teniente alcalde, José Jacobo, están imputados nun proceso xudicial por causa de cómo administraron os cartos públicos, como conta o Atlántico

Pidíronlle ao alcalde que dera explicacións sobre o asunto polo que está sendo investigado xudicialmente?

Evidentemente, si.

Desde que as sospeitas se fixeron públicas cun comentado artículo no diario El País, no ano 2011, moita xente está agardando que se explique.

Non vale que diga que gañou unhas eleccións e que xa está resolto o caso.
Outros e outras gañaron eleccións e ao cabo demostrouse que as sospeitas que había sobre a súa xestión se confirmaron e tiveron que deixar os cargos.
Creo que o único que demostraron os resultados electorais é que unha maioría da poboación preferiu que fora Nelson o alcalde e non as demáis persoas que optabamos ao cargo. Nada que obxectar á decisión maioritaria e libre da cidadanía.

Pero non é diso do que se está a falar.
Pidiulle unha parte do pleno, con insistencia, que mostrara os papeis da contratación de certas empresas e dera explicacións do por que foran estas as elexidas para prestar eses servicios?

Si. Mesmo tivo o alcalde que convocar un pleno extraordinario por obligación, cando unha parte do pleno co número de concelleiros e concelleiras suficiente para obligalo, o BNG, o fixo por rexistro. Petición que tamén fixera pública o PSOE nos medios de comunicación.

Nese pleno o alcalde negou mesmo que estivera imputado, agora sabemos que si o estaba, e negouse a dar máis explicacións que non foran que os demáis non o fixeramos ben cando gobernamos. O caso é que perdeu unha boa oportunidade para cumplir co seu deber como xestor elexido para a gobernanza dos asuntos públicos do concello do Porriño: abrir os caixóns, poñer os expedientes a disposición dos concelleiros e concelleiras do pleno e dar as explicacións pertinentes que lle foran requeridas. Nin máis nen menos: cumplir co seu deber.
Non o fixo. É unha mágoa. Un mal exemplo.

Agora sabemos que está a dar explicacións en sede xudicial sobre ese particular, obrigado e acompañado de avogado.
Tamén sabemos que o teniente alcalde, delegado de contratacións no concello, José Jacobo, tamén está citado como imputado, pois así está publicado en prensa.

E sabemos, tamén pola prensa, que outro teniente alcalde, Manuel Carrera, foi citado e declarou, en calidade de testemuña e sen imputación, sobre este asunto. Declaración que, polo que se sabe, non foi moi favorable cara a Nelson e Jacobo, toda vez que afirmou que aínda que el, Manuel Carrera, era o concelleiro de obras, había unha concellería de obras paralela que contrataba obras sen lle informar do que contrataban e como o facían. Obras e servicios contratados precisamente a varias das empresas mencionadas no artículo citado e que manteñen relacións, dun xeito ou outro, con Nelson e Jacobo.

O asunto non ten moi boa pinta. O xulgado determinará si hai delicto ou non. Pero hai algo que non vai deixar pechado o procedemento xudicial: por que o alcalde e o goberno municipal non deu a día de hoxe explicacións ao vecindario do que está pasando e si os intereses articulares de amistade, proximidade ou sociedade teñen primado sobre os intereses públicos á hora de xestionar o concello do Porriño.


Escomenzaba este escrito preguntando si vostedes contratarían como xestor para o seu capital a alguén que chegado o caso se negara a dar explicacións sobre as súas actuacións co mesmo.

Diso é do que estamos a falar e por iso é imprescindible que o alcalde e o goberno, ou a parte do goberno que está con el, dean as explicacións oportunas sen perder máis tempo.

viernes, 29 de marzo de 2013

Preferentes e política.





Teño amistades que venderon preferentes e outras que as mercaron. Non a teño entre as que decidiron poñer eses productos no mercado, sen ningún tipo de prevención para que non chegaran a mans de persoas que non sabían o que mercaban realmente e perderon unha boa parte, todavía incerta, dos seus aforros. Diredes que é porque non me movo nos círculos onde se decidiron estas cousas. Alégrome de non facelo. Nada me chama a atención neses círculos. E como din por aquí: "Nen vou alí, nen fago falta".


O caso é que, dende hai un tempo, levo defendendo que quen vendeu preferentes non debería estar en cargo político algún. Independientemente da súa adscripción partidaria. Tanto me ten o partido do que sexan ou o cargo institucional que ocupen. Entendo que deberían dimitir ou recibir o cese de ser este posible.

Por que manteño esta posición?

En primeiro lugar porque, mentres dure todo este lío, as persoas que venderon preferentes están atadas aos seus compromisos coas entidades financieiras coas que traballan, de onde reciben os seus salarios ou a onde voltarán de estar en excedencia por motivos políticos. Non son libres de actuar e o seu voto está condicionado.

En segundo lugar porque con maior ou menor culpabilidade, iso  terán que decidilo os tribunais cando prosperen as demandas, son parte imprescindible da estafa planificada. Non están imputadas pola xusticia pero si en situación de sospeita para a opinión pública. Quen está en sospeita non debe ocupar cargos políticos ou públicos.

Entendo que non o están a pasar nada ben. Sei que teñen problemas de conciencia que lles quitan o sono e lles causan infelicidade. Non quixera verme no seu lugar. Tanto quen venderon sabendo o que vendían como quen venderon na confianza de que eran seguras.

É moi probable que, colectivamente, cheguemos finalmente á conclusión de que a inmensa maioría non tiñan culpabilidade algunha. Podo dicirvos que desexo que isto ocurra e se libren da sospeita.


Pero, de momento, para min, deberían apartarse ou ser apartados dos cargos políticos e institucionais ata que se aclaren convenientemente todas as circunstancias.

Dimitir se están en cargos institucionais ou apartarase da toma de decisións se están en cargos de partido.


Polo demáis, quen comparte amistade conmigo, pola miña parte a amistade non está en cuestión. E si está en cuestión por dicir o que penso, mala sorte.

viernes, 15 de marzo de 2013

Miserables Unidos.



Sabedes que hai unha denuncia en trámite no xulgado número 3 do Porriño contra o alcalde Nelson que, ao parecer, pois descoñezo o contido exacto, aborda supostas contratacións irregulares do equipo de goberno. Un asunto de tanta importancia ten, ata o de agora, a calada por resposta do señor alcalde.
Creo que para facerse unha idea convén facer algo de memoria e recordar, con documentos,o que se dicía cando saltou o escándalo. 

Na derradeira semana da campaña das elección municipais de maio de 2011, a sección galega do xornal El País, publicaba un artigo moi documentado, asinado por un bo periodista chamado Primitivo Carbajo, sobre a xestión de Nelson Santos no tempo que transcorrira dende a moción de censura.
Picando neste enlace podedes ler o orixinal (picar) e, por si non dades feito, vouvolo transcribir.


Empresas afines al alcalde de Porriño copan contratos municipales

La Intervención municipal pone repartos al pago de casi un millón de euros

Jardinería, limpieza, electricidad, reparaciones y transportes de materiales, los servicios básicos de mantenimiento del Ayuntamiento de Porriño, están siendo copados por un grupo de empresas vinculadas a Ciudadanos por Porriño (CxP), el grupo fundado por alcalde y su segundo, Nelson Santos y José Manuel Jacobo respectivamente, desde que ejecutaron la moción de censura contra el anterior regidor, el nacionalista Raúl Francés, en febrero del año pasado. Ambos, que encabezan ahora la candidatura del PP, han levantado los reparos de la Intervención municipal al pago fraccionado de más de 900.000 euros por esos servicios.
Tres de las empresas (las sociedades limitadas Grupo E. Tano Budiño, Transportes Rosana & Pérez y Limatra) están directamente vinculadas a Constantino Pérez Vila, presidente de CxP, grupo independiente escindido a finales del pasado mandato de Independentes do Porriño, que era a su vez una escisión del PP. Ambos grupos volvieron al redil del PP, hicieron la moción de censura al alcalde del BNG y ahora se presentan a las elecciones en la candidatura popular.
Hay tres empresas del presidente de Ciudadanos por Porriño, ahora PP
Todas empiezan a facturar desde la moción de censura, en febrero de 2010
El Grupo E. Tano Budiño tiene por objeto social "la fabricación, envasado, comercialización y distribución de piensos y cerales". Desde marzo de 2010, sin embargo, ha facturado al Ayuntamiento más de 100.000 euros por conceptos tan alejados de su objeto social como suministro de material de obras, trabajos de limpieza y desbroce, servicios de camión grúa o lavado de cortinas y banderas.
Transportes Rosana & Pérez, con sede en Viana do Castelo (Portugal) se dedica a "transporte público rodoviário de mercadorías". En diciembre, cuando ya había facturado al Ayuntamiento más de 12.000 euros por transporte de materiales dentro del municipio, fue denunciada por una asociación de transportistas por competencia desleal. Entonces tomó el relevo Limantra, constituida en noviembre de 2010: en los dos meses siguientes ya había facturado al Ayuntamiento más de 32.000 euros. En total, las tres empresas de Constantino Pérez Vila han facturado al Ayuntamiento más de 150.000 euros desde febrero de 2010.
Los administradores de otras dos empresas, Mecánica Rocha e Instalación de Maderas y Pavimentos Ibérica (Impi), están relacionados con José Manuel Jacobo, segundo de Nelson Santos y concejal responsable de Contratación, que desmiente la vinculación. Mecánica Rocha pertenece a Celso Juan Freiría y a Laureano Leirós. El primero compartió la propiedad de un gimnasio con Jacobo hasta finales de 2009. Entre abril y diciembre de 2010, Mecánica Rocha -dedicada a carpintería metálica y también a la actividad inmobiliaria- presentó 37 facturas en el Ayuntamiento por un total de 151.532 euros y por conceptos tan alejados en su mayoría del objeto social como "suministro de materiales y mano de obra de limpieza de suelo", "trabajos de barrido y lavado de pistas del centro deportivo", "colocación de arquetas" o "aplicación de hormigón en vial". El interventor municipal puso reparos al pago de 122.000 euros de esas facturas.
Laureano Leirós es a su vez administrador único de Impi, creada en mayo de 2010 para dedicarse a carpintería e instalaciones de madera. Unos días después empezó a facturar al Ayuntamiento por "trabajos técnicos de limpieza y trabajos de jardinería", "limpieza de calles, malezas y realización de planos de la red de saneamiento" y otros análogos. De junio de 2010 a febrero último facturó 127.310 euros, en su mayor parte con reparos del interventor.
Hay, por último, otras dos empresas que tampoco parecen estar en su sitio desde febrero de 2010: Servicios Eléctricos Abelmar, que pertenece a un activo militante del PP local, Abelardo Otero Tourón, y Jardima Budiño. Ambas trabajan en la campaña del PP (montajes y distribución de propaganda). Abelmar se encarga del mantenimiento completo del alumbrado público, que hasta la moción de censura realizaba directamente el Ayuntamiento. El interventor ha puesto reparos al pago de 397.000 euros de sus facturas. Los formulados a Jardima Budiño suman otros 205.000 euros. Aunque se dedica a jardinería, hay facturas por conceptos tan chocantes como la relativa a "ordenación archivos y papeles Casa do Concello".


"No miro la ideología al contratar"

Los presupuestos municipales de Porriño consignan 1,2 millones de euros en 2011 para los servicios que realizan el grupo de empresas citado en la información de esta página y que en general coinciden con lo facturado por ellas desde la moción de censura al Gobierno local del BNG, en febrero de 2010, hasta la fecha. Además, tres de ellas contratan personal que luego trabaja con uniformes del Ayuntamiento, como personal municipal. José Manuel Jacobo, segundo del alcalde Nelson Santos y responsable de Contratación en el Gobierno, negó a este periódico que ningún trabajador de esas empresas trabajara con uniforme municipal. Testigos presenciales confirman y reiteran que operarios con uniforme del Ayuntamiento entraron y salieron, el viernes pasado, de la sede de la empresa Impi.
"Esa vinculación no existe", respondió contundente José Manuel Jacobo en referencia a la suya con los administradores de Mecánica Rocha e Impi, "porque hace años que se vendió el gimnasio" que el concejal administraba con uno de ellos, Celso Juan Freiría. En el Registro Mercantil, sin embargo, ese cambio de administradores está fechado en noviembre de 2009.
El concejal de Contratación tampoco ve "nada extraño" en la realizada con ninguna de las empresas citadas, y singularmente con las del presidente de Ciudadanos por Porriño. "Hay 20.000 empresas en el ayuntamiento y yo no me paro a ver su ideología: lo importante es la gestión, que sean competentes, que lo hagan mejor o más barato, y no la ideología de las empresas". Tampoco considera "nada reprobable" que las firmas facturen por trabajos alejados de su actividad, ni los reparos del interventor, "que los hubo siempre para dar y tomar".

A saída do artigo provocou unha gran inquietude na equipa de Nelson que contraatacou con palabras como as seguintes nos seus mítines e puxeron de moda, entre a parroquia popular o do MU (Miserables Unidos) para referirse ao BNG e o PSOE.






É tempo de ter memoria e de informar. Esta é a pretensión deste artigo no que, como se pode comprobar, somentes aporto documentos que poden dar luz sobre o que agora está acontecendo no concello e non fago ningún tipo de valoracións. Non porque careza de opinión senón porque creo que os documentos falan por si sós.
Que cada quen saque as súas propias conclusións.

miércoles, 13 de marzo de 2013

Extranxeiros no Porriño







Hoxe lin no Faro de Vigo, nas novas do Porriño, o seguinte titular:

Detienen en Porriño a dos rumanos por robar ropa en un gran almacén.

 

Non era a primeira vez que vía a nova dunha detención asociada a unha nacionalidade, pero me preocupou que xa ían unha man chea delas que tiñan que ver con persoas de Rumanía no Porriño. E, polo tanto, non me quedei coa nova do Faro e tentei de me enterar si era colleita do xornal ou obedecía a unha nota remexida dende o concello.

Non foi dificil de sabelo porque, abrindo a web oficial do concello do Porriño atopei a nova que se tiña enviado aos medios, cun titular semellante:

A Policía Local de Porriño detén a dúas persoas rumanas por roubar roupa nuns grandes almacéns


E nela podemos ler, efectivamente, que a detención era de “dúas persoas de nacionalidade rumana”, unha xa maior, de 71 anos, e outra máis xoven, de 34, que se adicaban a probar roupa na sección de oportunidades do Corte Inglés e deixaban a vella e quedaban coa nova, logo de lle quitar a alarma da peza.

Tamén, se nomea ao concelleiro delegado de seguridade e á policía local que participou nesta exitosa misión.

O montante do furto non parece ter a suficiente entidade como para facer unha nota de prensa e menos nun estado onde os traxes de marca e os bulsos de “mírame y no me toques” van de man en man de empresarios corrompedores a políticos e políticas de grandes institucións (Camps, Rita, Ana Mato…etc). Polo tanto non creo que teña que intervir nesta operación a fiscalía anticorrupción nin o Tribunal Supremo. O caso é máis ben de xulgado de vila e tratarase de dirimir si ten entidade de delicto ou queda nunha simple falta. Non esquezamos que son pezas de roupa de oportunidade, isto é, fora de tempada e rebaixadas.

Polo tanto, o importante da nova non era tanto o que se levaban senón a procedencia das persoas detidas. E por iso se facía constar no titular da nota de prensa enviada polo concello. Alcalde, concelleiro delegado e mandos policiais, todos eles, téñenos librado de dúas persoas rumanas que, como é público e notorio, é un pobo dado ao pouco respecto ás leis e á delincuencia.

Na wikipwedia galega podedes atopar esta nota que ben moi ao caso:

A «Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial» aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 21 de decembro de 1965, define a discriminación racial ou xenofobia como:
Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnica que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública.
Artigo 1º de CERD

Non sei si se fai consciente ou inconscientemente pero a xenofobia rezuma nesta nota oficial do Concello do Porriño, e non é a primeira vez.

Triste que, nun concello galego, se dean eses comportamentos cando o noso pobo, afeito á desgracia da emigración, tivo que soportar esas actitudes na súa pel non só na península ibérica senón nos distintos paises onde tivemos que ir buscar o futuro.

Si o señor alcalde, o señor delegado de seguridade e os mandos da policía local queren seguir con ese proceder de manchar a todo un pobo polo que fagan ou deixen de facer algún dos seus cidadáns, eu  regalolles estas fotos de rumanos e rumanas para que as poidan colgar nas paredes das dependencias policiais cun cartel de BÚSCASE por si se atreven a pisar as nosas rúas:

Angela Gheorghiu, cantante de ópera.













Eugene Ionescu, escritor, autor teatral.

Tristan Tzara, artísta, creador do Movemento Dadaista

Gica Hagi, futbolista.



Cioran, escritor.

Nadia Comaneci, ximnasta olímpica.






Ilie Nastase, tenista.
  

Si ata Tarzán era rumano!!



E si non lles chegou con estas sospeitosas e sospeitosos, deixolles aquí a estes cinco artistas que, como semellan pobres, poden colar como delincuentes para calquera apaño que se precise.
Que a súa fermosa música consiga meterlles na cabeza, a quen escribiron ese comunicado de prensa, é o obxectivo deste escrito. Que teñan un bo servicio.




viernes, 8 de marzo de 2013

Amistades íntimas e cargos públicos





Queixase hoxe, na Voz e no Atlántico, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, da denuncia en fiscalía, presentada polo grupo municipal do BNG dese concello, sobre as supostas contratacións, sen concurso, efectuadas pola alcaldesa co que din ser unha amistade íntima da mesma. No Faro de Vigo calificáronno como “noivo”.

O razoamento da alcaldesa pasa por indicar que a súa vida privada non está no ámbito da política.

Calquera subscribiría sen dubidar que o que a alcaldesa faga na súa vida privada non debe ser obxecto de debate público, pois pertence ao ambito da súa intimidade.

Pero xustamente  é diso do que se está a falar e por iso ten base a denuncia presentada: a vida privada da alcaldesa ou de calesquera cargo público non debe condicionar a vida pública e as decisións de ningunha administración.

É e por iso que a lei advirte a calquera cargo  público, funcionario ou funcionaria, que ten o deber de se abster naqueles expedientes que afecten a persoas coas que ten un grado de parentesco determinado ou que están na esfera do seu círculo de amistades.

Sería pois a propia alcaldesa quen, co presunto comportamento denunciado, tería posto en situación de necesaria investigación o que, ata que eses comportamentos non se deran, pertencía somentes ao seu espacio de intimidade.

As relacións amorosas e de amistade, íntima ou non, dun cargo público non poden ser motivo de debate político e non é diso do que se está a falar na denuncia. Do que se fala é de algo diferente: os cargos públicos e o funcionariado teñen que se abster de participar nos expedientes nos que se vexan involucradas persoas cercanas, por parentesco ou amistade.

Foi pois prudente a alcaldesa de Mos e cumpliu coa lei nesas contratacións?. 

Eso é algo que terá que determinar a xusticia que, sen dúbida, non xulgará con quen debe ir ou vir, senón si cumpliu co deber de non participar en expedientes, neste caso de contratación de servicios e adquisición de vehículos, nos que teñen interés directo persoas do seu círculo íntimo máis próximo.

Recordar tamén que a propia lei tamén impide facelo en expedientes que afecten a persoas coas aque hai manifesta enemistade.

Parece lóxico que así sexa pois, a amistade íntima e a enemistade manifesta son dous estados que poden condicionar o recto proceder e a independencia de quen ten que tomar decisións.

Tanto en Mos como no Porriño estamos diante de supostas actitudes de favoritismo e mesmo nepotismo que, de ser certas, repugnarían ás mentes sensatas e independentes.

Nas cuestións de amistades e amor eu sempre fun totalmente liberal e, polo tanto, nin entro nin saio, mesmo non teño opinión. Pola contra, que situacións de familiaridade ou amistade, íntima ou non, condicionen o gasto público, polo mesmo libre pensamento, prodúcenme a máis profunda das repulsións, pois son un dos piares da corrupción. E da corrupción e das causas que a facilitan está farta a cidadanía.   

miércoles, 27 de febrero de 2013

As preferentes: crónica dun pleno.





Un relato algo extenso do pleno celebrado no Porriño. Perdoade pero non poiden sintetizar máis.

Onte houbo pleno ordinario no Concello do Porriño. Un pleno que pasará a historia local como “o día en que as comisións de afectados polas preferentes retiveron durante horas á corporación”.
Sí, ese sería un titular posible, e seguro que así quedará, pero non é quen, de seu, de explicar o que alí aconteceu. Para contalo hai que pasar do titular e ir ao corpo da nova.

O pleno escomenzou ás 19 horas. Cunha asistencia tan grande, para as dimensións do local, que fomos moitos e moitas os que quedamos de pe e mesmo no hall de entrada ou fora.

A maioría das persoas asistentes ían con camisetas das comisións de afectad@s e o ambiente estaba bastante caldeado dende o inicio. Algo comprensible. As persoas afectadas por esta estafa de luva branca que son as preferentes levan xa un ano acudindo a diferentes instancias e ninguén é quen de darlles mellor resposta que palmadas nas costas e palabras de apoio, pero ningunha solución aceptable.

O Pleno.

Cando o alcalde deu escomenzo ao pleno saltou a primeira sorpresa: Ía tratarse somentes o punto das preferentes e logo se suspendería o mesmo a petición das comisións de afectad@s. Polo tanto os demáis puntos da orde do día quedarían sen debatir.

Non sería mellor que o alcalde, si quería facer un pleno sobre este único asunto, o convocara como extraordinario e non estragara a convocatoria do pleno ordinario que se tiña que celebrar logo de dous meses sen sesión ordinaria?

Eu tiro a conclusión de que Nelson Santos aproveitou para cargarse un pleno ordinario porque son os únicos nos que a oposición pode presentar mocións, rogos e preguntas.


A segunda sorpresa foi escoitar ao alcalde dicir que o PP retiraba a súa moción sobre as preferentes e que se ía debatir un texto das comisións de afectad@s.

Eu concordo que o texto a debatir debería ser o das comisións, elas eran as que viñan solicitar amparo, pero... a que viña a moción presentada en comisión do PP que era calcada da das comisións?. Pretendía o alcalde aparecer, xunto co Partido Popular, como único defensor das persoas afectadas?. Si o pretendía saiulle o tiro pola culata. Non sei si por presión das comisións ou por presión dos grupos da oposición, que xa alertaran desta incoerencia no debate en comisión informativa do punto en cuestión.

O deber de abstención en asuntos que se ten interés persoal.

Pode o alcalde Nelson Santos particpar neste pleno ou se ten que abster?.

A lei de réxime local e a de procedemento administrativo indica que calquera persoa que teña intereses persoais nun punto non debe participar na súa deliberación e votación.

Ten intereses persoais o alcalde no asunto das preferentes?

Eu creo que si.

O sr Nelson Santos chegou á alcaldía dende o seu posto profesional de director da sucursal de La Caixa no Porriño. Mentres exerza de alcalde, en adicación exclusiva, está, técnicamente, en excedencia no banco. No momento que deixe o seu traballo na corporación pode pidir a reincorporación imediata no seu antigo posto de traballo.

De todos é coñecido que La Caixa tamén está metida no lío das preferentes e os seus intereses son contrarios ás comisións de afectados.

Tamén é coñecido que a venta de preferentes producía incentivos monetarios aos empregados de banca que as colocaban.

Preguntei por este tema a xente do sector, que me resultan creibles, e dixéronme que o Sr Santos vendeu preferentes na súa etapa en La Caixa.

Tanto profesional como persoalmente a lei indicalle que non podía presidir este pleno e que tiña deber de ausentarse. Non só non se ausentou senón que nos enteramos que leva cerca dun ano facendo “asesoramento profesional” sobre este asunto no despacho da alcaldía. Ninguén alleo nolo contou. Foi o propio Nelson quen o dixo publicamente no pleno ordinario do mes de xaneiro.

De se confirmar estas circunstancias estariamos diante dunha nova e grave irregularidade no comportamento do actual alcalde do Porriño.

As intervencións no pleno.

Logo de retirar a moción do PP e sin querer contestar a unha cuestión de orde sobre ese proceder da portavoz nacionalista, Mónica Bugarín, o alcalde deu paso á intervención das portavocías dos grupos.

Os grupo mostraron o seu apoio verbal aos afectados polas preferentes.
O PP fixo fincapé na responsabilidade de Joaquín Almunia e Europa. Mira moito a Europa o PP cando veñen mal dadas
O PSOE argumenta que debe ser o Fondo de garantía de depósitos o que cubra os pagos íntegros ás persoas afectadas que non son inversoras e que o goberno do estado ten na súa man que así sexa.
O BNG dí que a solución ten que ser política e lanza a pregunta do millón: Deixará o PP o señor alcalde e o grupo de goberno si non se soluciona o das preferentes, como piden as comisións afectadas e aceptou o alcalde de Oia?

Todas estas aportacións foron engadidas e o alcalde procedeu a sacar a votación o punto. O resultado foi unanimidade.

Neste momento, Mónica Bugarín pregunta si está incluído o da dimisión e o alcalde pronuncia unha das frases gloriosas da noite: “Yo dimitiré cuando cobre el último de los afectados”.

Prodúcese entón un abucheo no público.

O alcalde dí entón que remata o pleno e deixa sen tratar os demáis asuntos.

Habían de ser as 19:30. Non mirei o reloxo pero a cousa foi breve.

Ao rematar o pleno.

Mediaticamente esta foi a parte máis interesante. Está claro que mocións de apoio se asinan todos os días nos diferentes concellos e non teñen causado efecto algún.
O interés das comisións de afectados estaba claro: que o alcalde e o grupo de goberno asinara o que xa fixera o alcalde de Oia, tamén do PP. Un escrito no que comunicaba á dirección do parido advertindo de que de non se solucionar o problema das preferentes co cobro íntegro das cantidades depositadas, o alcalde e o grupo do PP abandonaría o partido e pasaría ao grupo mixto ( por certo, non adscritos na dinámica municipal).

O portavoz das comisións pidiu a palabra. O alcalde tentou de que non falara e convidou a unha reunión cos representantes das comisións e o grupo de goberno nas dependencias da alcaldía. Un claro intento de deixar fora á oposición municipal e tratar o asunto a porta pechada.

O portavoz, apoiado polos berros dos presentes, insistiu en falar e non aceptou a reunión sen a oposición e na alcaldía.

Entón o alcalde fixo un novo intento: que falara a portavoz do grupo de afectados do Porriño. Pero a portavoz do Porriño dixo que quen tiña que falar era o portavoz que xa pidira a palabra e era o encargado de facelo . Foi un golpe para o alcalde que seguiu insistindo pero non foi quen de mudar esta posición.

Nas bancadas do público a cousa estaba quentándose por momentos e só se tranquilizou a situación cando o portavoz das comisóns poido, ao fin, comenzar a seu relato.

Sintetizando mativo os seguintes argumentos: que estaban cansos de boas palabras e mocións que non reconducían a situación; que cando estiveran en Bruxelas comprobaran que o goberno español os tiña vendido ao afirmar que somentes un 15% eran pequenos aforradores e iso se ía solucionar coa arbitraxe; que comprobaban que o PP mudaba o voto a favor nos concellos polo voto en contra en Santiago e Madrid; e que o que querían era máis presión dos concellos gobernados polo PP, como o do Porriño, lanzando o órdago da disolución dos grupos municipais do PP si non se solucionaba o problema e cobraban todos os afectados. Por iso insistían en que o alcalde e o grupo municipal do PP do Porriño asinaran un documento de apoio ás víctimas e o compromiso de romper co PP, mantendo a alcaldía, e o paso ao grupo mixto si os afectados non cobraban.

A petición era ben clara e todas as miradas e a presión estaba neste momento sobre a figura do alcalde e o seu grupo.

Producíronse entón os momentos máis tensos da reunión con diversas intervencións das persoas afectadas e algún rifi rafe con membros do PP. Nomeadamente con Carlos Martínez, María José Martínez, Ana Paradela, e Mercelino Coto. O alcalde adoptou a postura de calar e non dicir nin pío. Houbo invasión do espacio da corporación e, polo que vimos no Faro, verteuse unha botella de auga na mesa do alcalde mentres algunhas persoas se encaraban co grupo de goberno e facían soas bucinas e cornetas. A policía local todavía non estaba posicionada.

Lonxe de colaborar a incendiar máis o ambiente, os grupos da oposición permaneceron nos seus escanos en actitude calmada e sin intervir. Eu penso que foi unha lección de dignidade institucional que non sei si o alcalde agradeceu en privado pero creo que debería facelo.

Ao cabo acordouse realizar unha reunión entre un grupo de representantes das comisións e a totalidade da corporación no salón de plenos.

As demáis persoas que asistiamos á sesión tivemos que abandoar a sala, cousa que se produciu con corrección e sin incidentes, e agardar fora polo resultado.

A espera foi larga e ía frío na rúa. Pero moita xente permaneceu nas inmediacións da casa consistorial.

Alí falei con varias persoas afectadas. A situación é moi desesperada e non sei si os de arriba son conscientes de canto. O prazo da quita se achega e as promesas electorais do PP non se convirten en realidade. Polo que falamos deducín que moitos deles, a maioría me atrevería a dicir, votaran ao PP e confiaran cegamente nas promesas que personalizaban en Rafael Louzán, o presidente da Deputación de Pontevedra.

Logo de agardar bastante tempo e cando os ánimos comenzaban a quentarse pola espera, abriuse a porta do salón de plenos. Imaxino que a intención era que sairán os representantes das comisións e explicaran a quen agardaban o resultado da reunión. De feito a policía local tentou impedir a entrada no salón de afectados e público. Intento que resultou inutil e que afortunadamente non pasou a maiores.

Con todos e todas novamente dentro, o portavoz d@s afectad@s que estivera na reunión deu a noticia de que o alcalde entendía en que a solución non podía ser política e que se negaba a asinar documento ningún.

Algún dos concelleiros e concelleiras do PP alegaron que iso non fora o que dixera o alcalde e este permaneceu calado. Por máis que os afectados lle solicitaran que expresara publicamente a súa postura non quixo dicir nada. Permaneceu sentado na mesa da presidencia como si fora alleo ao que estaba a ocurrir e foi Marcelino Coto quen fixo labores de alcalde. O seu discurso, baleiro de contido e cheo de tópicos antipolítica (os do PP son sempre moi antipolíticos nos seus discursos e moi políticos nas súas actuacións institucionais e persoais) e as chamadas á paciencia, non fixeron máis que enervar máis ao público que non podía crer o que estaba a suceder.

O que alí se dixo e se berrou podedes imaxinalo. Trompetas, bucinas e berros diante dun alcalde que parecía entender que o conto non ía con el e permanecía mudo e abstraído.

Eu marchei ás 12 da noite.


Entereime de que, máis ou menos, esta situación durou ata as cinco e media da mañán con garda civil e saída con escolta do grupo municipal do PP polas dependencias policiais.

Ata aquí, tentei facer un relato o máis obxectivo posible do que eu vin.

Agora vou facer unhas valoracións a título persoal e sin máis pretensión:

1º.- O alcalde e o grupo de goberno, tan acostumados a organizar grandes concentracións con orquestras e inchables, foron incapaces de prever o que podía ocurrir e fallaron estrepitosamente no que a seguridade das persoas se refire.

2º.- O alcalde mostrou que está coas persoas afectadas coa boca pequena pero que o seu corazón está coa dirección do PP e coa banca.

3º.- A posición das comisións de afectados de buscar apoios na administración local é comprensible. Os concellos son a administración máis cercana e sensible aos problemas do vecindario e estes siguen a ter, pese a que está a cair, unha alta credibilidade neles.

4º.- As decisións dos órganos dos concellos, nomeadamente pleno e alcaldía, deben ser tomadas en libertade e sen coaccións. Pode alguén pensar que houbo coaccións no pleno por parte das persoas afectadas pero esta hipótese cae polo seu propio peso ao comprobar que ninguén fixo ou asinou nada que non quixera facer.

5º.- Os concellos entenden de situacións do máis diverso, como esta, sin ter competencias nin recursos. Nun momento que o goberno do estado e o partido que o apoia, o PP, tentan reducir o protagonismo dos concellos queda comprobado e certificado que están atacando a un dos piares máis sensibles do sistema democrático e un dos poucos que gozan de credibilidade na cidadanía. Cidadanía que acode a eles en busca de solucións e apoio vcando o precisa.

6º.- Non son quen de lle dicir ao alcalde do Porriño o que ten que facer pero de seguir estando, como estiven, en esa función non sería a miña a actuación nin parecida a que el tivo neste pleno. Un alcalde ten que ser máis sensible aos intereses xerais da cidadanía e este ten estas características. Un alcalde ou acaldesa, ten na súa man algún poder pra modificar situacións que oficialmente non son da súa competencia e no pleno ten un aliado, non só na parte do pleno que o apoia senón na totalidade. A diversidade do pleno axuda a cargarse de razóns si se establecen canles de consenso en asuntos de interés xeral coma este. Agardo que a miopía partidaria non impida ver ao alcalde do Porriño o servicio á institución, por enriba de siglas, que no pleno prestaron os grupos da oposición.
E un alcalde debe calcular as súas palabras e silencios. Calar e fomentar con esta posición o alboroto e a perda das formas non é boa cousa. E esto foi o que fixo, consciente ou inconscientemente o alcalde do Porriño no pleno das preferentes. Tentou dar carpetazo a un asunto grave cunha declaración de intencións e sin mollarse o máis mínimo e cando chegou o momento de quedar en evidencia e terse que posicionar non soubo máis que calar e pidir axuda ás forzas de seguridade. Un camiño para que tamén os concellos perdan credibilidade nun momento que esta é unha das poucas esperanzas que se abren ao cidadán do común.

7º.- A porta traseira do pleno sempre estivo aberta e non se comprende que non fora utilizada polo alcalde, aínda que só fora por prudencia, ata as tantas da mañán. Si nada tiña que dicir, debeu, por sentido común, evitar a tensión que se produciu non só aos afectados e afectadas senón tamén aos seus compañeiros e compañeiras de goberno, dos grupos da opisición e ás forzas de seguridade locais e da garda civil.

8º e final.- A estafa das preferentes e subordinadas foi feita a conciencia e se descargou sobre a xente do común que non entendía máis que de prazos fixos e foron enganados con consentimento dos organismos de control financieiro. Esta estafa masiva de se producir por persoas alleas ao sector bancario tería producido multitude de detencións e severas condeas. O estado está máis preocupado pola estabilidade do sector financieiro que pola saude e benestar da cidadanía. A cousa pinta moi mal e a presión é entendible e necesaria. A perda das formas contribúe a crear mala imaxe das víctimas que precisan gañar o aopio unánime da poboación. Ademáis da presión hai que organizar a defensa xurídica de xeito colectivo polo que poida vir e iniciativas coma a do fiscal xeral de Galicia e a de asociacións de afectados, como a de Agaprofi, son máis necesarias que nunca para facer un cortalume no caso de fallar a solución política por inanición do goberno central e autonómico.






jueves, 7 de febrero de 2013

O alcalde evita explicar o importante.





Hai un tempo anunciei na rede que tiña a sospeita de que o alcalde do Porriño, Nelson Santos, tería a tentación de falar no pleno, ou nos medios, de que estou imputado nunha causa xudicial. Ben dito, ben feito. Hoxe, no pleno pedido polo BNG, o alcalde pretendeu utilizarme de escudo humano para se defender dos ataques. Así o recolle La Voz de Galicia neste artigo. Pouco recorrido ten a noticia porque xa a dera eu anteriormente. Debín machacarlle a exclusiva. Mágoa!. Xa se debía ver xunto a Jorge Javier en prime time e non hai exclusiva porque a nova xa está dada. Cachis!.

Non poiden ir ao pleno, estaba traballando cando se estaba celebrando. Convocar un pleno ás 13:30 horas só pode ter esta intención: que a xente non poda ir. De todos os xeitos, teño información do pleno por persoas que coñezo e si poideron ir e polo que está a sair xa na prensa.

Fago pois unha nota de urxencia para deixar algunha valoración que, en vindeiros días, darán que falar aquí e noutros medios.

A primeira conclusión é que o alcalde evitou dar explicaccións sobre o que a xente quere saber, que non é outra cousa que a seguinte:

Está o alcalde contratando obras e servicios sen seguir a lei de contratos das administracións públicas? Isto é, está contratando a dedo?.

A isto non respostou o señor alcalde.

Foto M. Moralejo. Voz de Galicia.


O primeiro teniente de alcalde, o sr Jacobo, dixo que nos tribunais de contratación só había funcionarios e a presencia do responsable de área, isto é, e, como concelleiro delegado dos asuntos. Efectivamente é o que marca a lei. O argumento e a explicación non tería reproche algún si se estivera falando somentes do persoal, obras e servicios que se están contratando seguindo a lei. Pero, que pasa, señores e señoras do goberno municipal con aquelas obras e servicios que non se contratan seguindo a lei?

No concello do Porriño hai un importantísimo volume de gasto que se fai con empresas que non pasan polos procesos de contratación que marca a lei. Non están suxeitas a mesa de contratación algunha e as facturas se aproban posteriormente con recoñecementos de creto. Neses recoñecementos de creto hai informe do interventor no que se recolle esta circunstancia. En román paldino, o interventor informa de que foron contratadas a dedo. O alcalde dí que se paguen e morreu o conto.

Polo tanto a resposta do sr Jacobo non aborda esta cuestión e, polo tanto, carece de valor.

O concelleiro do PP Popular, Don Carlos Martínez, afirmou no pleno que a oposición estaba a xudicializar a vida política do concello e contribuía a manchar a imaxe dos políticos e a institución municipal.

Que saibamos, a día de hoxe, a oposición non iniciou ningúnha acción diante dos tribunais sobre estes temas. Simplemente se fai eco dunha denuncia "dun traballador do concello na fiscalía", como veñen contando os medios de comunicación que foi tida en conta pola fiscalía e logo polo xulgado de instrucción número 1 do Porriño.



O alcalde está obrigado, moralmente, a dar explicacións á cidadanía sobre os estados de alarma que se producen, non fai falla de que estea o xulgado metido polo medio. Si o xulgado está actuando, calquera cargo público, ten unha obriga maior de dar explicacións. O vecindario sabe que o xulgado está actuando, porque así o recoñeceu o alcalde nos medios. Non merece este vecindario que o alcalde dea explicacións?.

O silencio e a ocultación son as prácticas que manchan a política e danan a imaxe das institucións. Non é a oposición pidindo explicacións, Don Carlos.

Deixo aquí a crónica agradando ter máis información, que vos farei chegar por si é do voso interés.