jueves, 7 de febrero de 2013

O alcalde evita explicar o importante.





Hai un tempo anunciei na rede que tiña a sospeita de que o alcalde do Porriño, Nelson Santos, tería a tentación de falar no pleno, ou nos medios, de que estou imputado nunha causa xudicial. Ben dito, ben feito. Hoxe, no pleno pedido polo BNG, o alcalde pretendeu utilizarme de escudo humano para se defender dos ataques. Así o recolle La Voz de Galicia neste artigo. Pouco recorrido ten a noticia porque xa a dera eu anteriormente. Debín machacarlle a exclusiva. Mágoa!. Xa se debía ver xunto a Jorge Javier en prime time e non hai exclusiva porque a nova xa está dada. Cachis!.

Non poiden ir ao pleno, estaba traballando cando se estaba celebrando. Convocar un pleno ás 13:30 horas só pode ter esta intención: que a xente non poda ir. De todos os xeitos, teño información do pleno por persoas que coñezo e si poideron ir e polo que está a sair xa na prensa.

Fago pois unha nota de urxencia para deixar algunha valoración que, en vindeiros días, darán que falar aquí e noutros medios.

A primeira conclusión é que o alcalde evitou dar explicaccións sobre o que a xente quere saber, que non é outra cousa que a seguinte:

Está o alcalde contratando obras e servicios sen seguir a lei de contratos das administracións públicas? Isto é, está contratando a dedo?.

A isto non respostou o señor alcalde.

Foto M. Moralejo. Voz de Galicia.


O primeiro teniente de alcalde, o sr Jacobo, dixo que nos tribunais de contratación só había funcionarios e a presencia do responsable de área, isto é, e, como concelleiro delegado dos asuntos. Efectivamente é o que marca a lei. O argumento e a explicación non tería reproche algún si se estivera falando somentes do persoal, obras e servicios que se están contratando seguindo a lei. Pero, que pasa, señores e señoras do goberno municipal con aquelas obras e servicios que non se contratan seguindo a lei?

No concello do Porriño hai un importantísimo volume de gasto que se fai con empresas que non pasan polos procesos de contratación que marca a lei. Non están suxeitas a mesa de contratación algunha e as facturas se aproban posteriormente con recoñecementos de creto. Neses recoñecementos de creto hai informe do interventor no que se recolle esta circunstancia. En román paldino, o interventor informa de que foron contratadas a dedo. O alcalde dí que se paguen e morreu o conto.

Polo tanto a resposta do sr Jacobo non aborda esta cuestión e, polo tanto, carece de valor.

O concelleiro do PP Popular, Don Carlos Martínez, afirmou no pleno que a oposición estaba a xudicializar a vida política do concello e contribuía a manchar a imaxe dos políticos e a institución municipal.

Que saibamos, a día de hoxe, a oposición non iniciou ningúnha acción diante dos tribunais sobre estes temas. Simplemente se fai eco dunha denuncia "dun traballador do concello na fiscalía", como veñen contando os medios de comunicación que foi tida en conta pola fiscalía e logo polo xulgado de instrucción número 1 do Porriño.



O alcalde está obrigado, moralmente, a dar explicacións á cidadanía sobre os estados de alarma que se producen, non fai falla de que estea o xulgado metido polo medio. Si o xulgado está actuando, calquera cargo público, ten unha obriga maior de dar explicacións. O vecindario sabe que o xulgado está actuando, porque así o recoñeceu o alcalde nos medios. Non merece este vecindario que o alcalde dea explicacións?.

O silencio e a ocultación son as prácticas que manchan a política e danan a imaxe das institucións. Non é a oposición pidindo explicacións, Don Carlos.

Deixo aquí a crónica agradando ter máis información, que vos farei chegar por si é do voso interés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario