A convocatoria, ás 13 horas deste mércores, 6 de febreiro, do
pleno extraordinario solicitado pola oposición, ten causado gran decepción na
cidadanía. Non polo feito de que se celebre, que é o que todos agardaban, senón
pola hora ao que foi convocado, a todas luces impropia pois coincide con horas
de traballo, recollida de alumnado nas escolas, preparación da comida para quen
veñen co tempo xusto, ...
Da a impresión, ben fundada, de que o alcalde
non quere que haxa moita asistencia veciñal ao pleno e, máis que un exercicio de
explicación pormenorizada, ten pensado pasar páxina canto antes.
Outra ocasión que perde o alcalde para dar a
cara diante do vecindario e despexar as dúbidas que están na cabeza do mesmo.
O alcalde é o representante da cidadanía e
polo tanto ten obriga de informala cando hai alarma social sobre algún tema. Eu
creo que neste si hai alarma e ganas e necesidade de información por parte da
cidadanía.
O que ten que explicar non parece moi
complicado de o facer e o método dun pleno a deshora soa máis a portazo que a
invitación.
Non é raro pois que o vecindario estea cada vez máis indignado diante de políticos que se negan a dar explicacións sobre os asuntos que son de interés xeral e se esconden tras artimañas como convocar os plenos cando a xente non pode asistir.
Actitudes coma esta son as que teñen levado a desprestixiar a función política e están a danar ás institucións, neste caso, o concello do Porriño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario