As novas que hoxe traen os xornais, Faro de Vigo e
Atlántico, debuxan un panorama bastante evidente sobre o asunto da querella da
fiscalía e a súa admisión a trámite polo xulgado de instrucción número 1 do
Porriño.
O que primeiro chama a atención é que semella que a querella
se circunscribe finalmente á contratación de asistencias técnica e non entra,
de momento, na contratación de obras e subministros. Tampouco na contratación
de persoal da administración local. É importante reseñar isto porque marca unha
diferencia clara entre o que está baixo sospeita para os grupos políticos do
BNG e PSOE, a práctica xeralizada de contratos de obras e subministros sen
atender ao que marca a lei; e o traballo que realizará o xulgado de dictaminar
soamente sobre contratos de asistencia técnica, nomeadamente o do técnico de
obras públicas.
Os grupos da oposición teñen dinate de si unha desción
importante: manter a liña de traballo político, a través da comisión de
investigación que sairía do pleno extraordinario, como avanza a portavoz do
BNG, Mónica Bugarín; ou persoarse na causa, como acusación particular, e tentar
impulsar unha ampliación da querella cara aqueles asuntos que lles leva a
afirmar que o alcalde e a súa equipa está a actuar de xeito irregular, cando
menos.
Aprobará esa comisión de investigación interna, con
participación dos grupos da oposición, o pleno do concello?
Para que isto suceda, o PP, que ten a maioría no pleno,
tería que votar a favor. Ou polo menos unha parte do PP, alomenos dous dos seus
membros, para que, sumados aos votos de BNG e PSOE, saise adiante a proposta.
Non son demasiado optimista sobre esta posibilidade e creo
que a comisión será rexeitada.
A vía política quedaría de novo condicionada pola dificultade
de acceso aos expedientes, á falta de transparencia na xestión do goberno, e á
celebración de plenos que ademáis de contar con maioría favorables ao alcalde,
se celebran cada dous meses e non están a servir para controlar ao goberno.
Debe a oposición tentar persoarse como acusación particular
no proceso?.
É unha pregunta que deben contestar os dous grupos, ben de xeito
conxunto ou independiente. Os grupos políticos non están para facer oposición a
través dos xulgados máis, tamén é certo, de que hai circusntancias na vida en
que hai que tomar decisións extraordinarias.
Dificil papeleta a que teñen diante de si.

No hay comentarios:
Publicar un comentario